domingo, 31 de mayo de 2026

" Retos de Golfi "

Este ano, dende a biblioteca incorporamos unha nova proposta que tivo moi boa acollida polo alumnado do centro. "Os retos da casa de Golfi". Con estes retos pretendiamos traballar a responsabilidade no alumnado, ao mesmo tempo que traballamos a lectura, a escritura, a atención e a lectura de imaxes.

O martes de cada semana, o alumnado tiña que dirixirse ó recanto dos retos da casa de Golfi que estaba ubicado na nosa biblioteca de centro, coller o novo reto semanal, resolvelo e co seu carnet, selar o reto correspondente ata cumplimentar todo o carnet.
Foi unha tarefa moi interesante e divertida. E Golfi, a nosa mascota, deixounos unha mensaxe secreta para os que conseguiron selar todos os retos.
 
  

 




No hay comentarios:

Publicar un comentario