O Alumnado de educación infantil estivemos experimentando con novas ferramentas TICs. Fixemos maxia coas nosas propias ilustracións dos contos "O Monstruo Rosa" e "Na casa dos tres porquiños cheira mal".
Esperemos que vos guste tanto coma a nós.
O Alumnado de educación infantil estivemos experimentando con novas ferramentas TICs. Fixemos maxia coas nosas propias ilustracións dos contos "O Monstruo Rosa" e "Na casa dos tres porquiños cheira mal".
Esperemos que vos guste tanto coma a nós.
Aquí deixámosvos tres videotitoriais de xogos que temos na biblioteca. Os seus protagonistan son o alumnado de primeiro e segundo de primaria. Animádevos a xogar...!
Neste mes un grupo formado por nenos e nenas de Educación Infantil descubriron diferentes xogos que poden atopar na biblioteca e que están adaptados as súas idades. Finalmente decidiron facer un vídeo explicativo dun dos xogos que máis lles gustou “¡WAUU! de Hervé Tullet.
GRAZAS POR PRESENTARNOS ESTE FERMOSO XOGO CARACOLIÑ@S,
OSIÑ@S E ELEFANTIÑ@S!!
No mes de Decembro realizaron o Obradoiro da Biblioteca un grupo de nenos e nenas das aulas de 5º e 6º de Educación Primaria.
Neste grupo levaron a cabo
aprendizaxes e tarefas moi importantes para o funcionamento da biblioteca do
noso centro. Primeiro, por pequenos grupos descubrimos, ordeamos e explicamos
aos demais espazos nos que se atopan as
obras literarias, no seguinte día comezamos a deseñar plantillas con debuxos
para contar contos coa mesa de luz e na última sesión realizamos formación de
ususarios/as para aprender a manexar o Programa Meiga e poder levar a cabo
empréstitos e devolucións de materias e libros.
MOITAS GRAZAS POR ESTE GRAN
TRABALLOS AMIGUIÑ@S!!
Onte visitounos a mamá de Xoel, Mayra. Veunos a contar un par de contos: Tumtum e Ñac-Ñac. Moitas grazas Mayra, pasámolo xenial. Animádevos a virnos contar contiños que nos gusta moito 😍.