jueves, 21 de mayo de 2020

" DÍA EUROPEO DA REDE NATURA 2000 "





Hoxe é o Día Europeo da Rede Natura 2000. Con esta conmemoración preténdese
dar a coñecer o valor desta gran rede de espazos protexidos presente en todos os países da Unión Europea. Este ano baixo o lema:
«O simple aleteo dunha bolboreta pode cambiar o mundo».

Na actualidade a Rede Natura 2000 está formada por máis de 27.000 espazos de alto valor ecolóxico en toda Europa, constituíndo a máis ampla rede de Espazos Naturais Protexidos do mundo

En Galicia esta rede de espazos naturais protexidos representa máis do 12% da súa superficie total. E aquí vos deixamos un enlace moi interesante no que podedes coñecer algúns destes lugares

https://www.turismo.gal/que-visitar/espazos-naturais/zonas-de-proteccion-e-lugares-de-interese?langId=es_ES

Ademais dende a Biblioteca do cole queremos deixarvos un fermoso conto de Olga de Dios que é unha autora e ilustradora da que temos algúns libros na nosa biblioteca. Neste caso, deixamos un conto que cedeu Olga e que trata da importancia da colaboración de todos para manter a nosa natureza.

https://olgadedios.es/wp-content/uploads/2018/01/Rana-de-Tres-Ojos_OLGA-de-DIOS_cc.pdf


" DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS "


Este luns foi o Día Internacional dos Museos e para conmemoralo queremos deixarvos unhas ligazóns a través das que podedes acceder ás diferentes visitas virtuais a algúns dos museos máis fermosos e interesantes:


https://www.guggenheim-bilbao.eus/


Esperamos que disfrutesdes moito dun paseo virtual polo mundo dos museos!
Unha aperta


" Día da familia "




O 15 de Maio foi o Día da Familia e dende a Biblioaguía queremos deixarvos un fermoso conto sobre familias.

É o conto “Un puñado de botones” de Carmen Parets Luque editado por CREATESPACE




Esperamos que vos guste!

" Acróstico en homenaxe a Ricardo Carvalho- Letras galegas 2020"

Moitas grazas Xabi polo teu acróstico. É xenial!