viernes, 24 de abril de 2020

" O ALUMNADO DE TERCEIRO CÓNTANOS O CONTO INÉS DO REVÉS "


" OS MEUS LIBROS FAVORITOS "

Aquí vos deixamos unha foto de Aixa e Aroa coas súas recomendacións "Corno de Unicornio " e " Piratas no recreo " e un vídeo onde Raúl fai recomendacións para os nenos de educación infantil e a súa irmá Ana para os mais maiores do cole. Moitasssssssss grazassssssssssssss!



jueves, 23 de abril de 2020

"TOMÁS EL BROMISTA" CONTADO POR MARA

" DÍA INTERNACIONAL DEL LIBRO "


Hoxe é o Día Internacional do Libro e dende a Biblioteca do cole propuxemos aos nenos e nenas que nos enviasen vídeos ou fotos para conmemorar esta data.

Aquí vos deixamos uns fermosos vídeos cos que os nenos e nenas nos animan a ler, contar e crear historias a partires dos seus libros favoritos.

A gozar deles...





" DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO "


Aquí vos deixamos as fotos que nos chegaron do alumnado ensinándonos o seu libro favorito. Espero que vos animades algún máis. Aínda estades a tempo. Ánimo!






" DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO NO MARCO "




Día do Libro no MARCO
Xoves 23 de abril 2020
O MARCO celebra o Día do Libro cunha sesión especial de contacontos online para público familiar, un avance da súa publicación sobre o artista Manuel Colmeiro, e unha nova edición da experiencia de Bookcrossing na rede, en colaboración con outros museos e centros de arte.
#DíadoLibro #DíadelLibro #BiblioMARCO #MARCOencasa #euquedonacasa
M
Sesión de contacontos online, con María Xosé Martínez
“As luces que se acenden e se apagan”, baseado no libro de Ramón Trigo (Editorial Kalandraka)
Emisión: xoves 23 abril ás 12.00, a través da web do MARCO, redes sociais e Youtube
Unha iniciativa da Biblioteca-Centro de documentación do MARCO para público familiar.
Maria Xosé Martínez, membro do equipo de didáctica do MARCO e autora con amplia experiencia en actividades educativas para público infantil e familiar, ofreceranos en primicia unha sesión de contacontos teatralizada, baseada na historia do artista, ilustrador e escritor Ramón Trigo, no seu libro As luces que se acenden e se apagan (Editorial Kalandraka). A actividade será accesible a través da web do MARCO, o seu perfil en redes e o seu canle de Youtube. Unha excelente oportunidade para compartir en familia esta experiencia dirixida a públicos de todas as idades!
Cada quen ten unha luz que se ilumina na súa cabeza cando xorden boas ideas…
Quen non desexa que os seus soños se fagan realidade cando menos unha vez na vida???
Esta historia convídanos a reflexionar sobre a nosa percepción de nós mesmos no mundo, sobre os nosos desexos, a forza da vontade, o tesón e a superación dos nosos propios medos.
Isto e moito máis podemos aprender a través desta sinxela e fermosa narración que permite adentrarse no universo creativo dos artistas…

lunes, 20 de abril de 2020

" 23 de abril, Día Internacional do Libro"


Este Xoves 23 de Abril é o Día Internacional do Libro e para conmemoralo propoñémosvos que nos enviedes fotos ou videos nos que recomendades o voso libro favorito aos demais nenos, nenas e familias do cole.

Animádevos!



“Confía en el tiempo, que suele dar dulces salidas a muchas amargas dificultades”. Miguel de Cervantes Saavedra – El Quijote

jueves, 2 de abril de 2020

" DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL"


Este día celebrase dende 1967. ¿Sabedes por que se escolleu este día?

Pois cada 2 de abril conmemórase o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen (1805-1875), considerado un referente da literatura infantil, pola cantidade de contos que escribiu e recuperou da tradición oral.



Para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, propoñémosvos que fagades un:

PICNIC LITERARIO NA CASA

Podedes preparar unha merenda en falimia e falar de literatura. Os nenos e nenas poden explicar á familia cales son os seus libros favoritos, os adultos podedes contar aos nenos e nenas cales eran os contos que máis vos gustaban cando erades pequenos, podedes facer unha sesión de contacontos acompañada dunha rica merenda…

¡Esperamos que disfrutedes moito do voso momento de ler e contar en familia!