Este día celebrase dende 1967. ¿Sabedes por que se escolleu este día?
Pois cada 2 de abril conmemórase o nacemento do escritor
danés Hans Christian Andersen (1805-1875), considerado un
referente da literatura infantil, pola cantidade de contos que escribiu e recuperou
da tradición oral.
Para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil,
propoñémosvos que fagades un:
PICNIC LITERARIO NA CASA
Podedes preparar unha merenda en falimia e falar de
literatura. Os nenos e nenas poden explicar á familia cales son os seus libros
favoritos, os adultos podedes contar aos nenos e nenas cales eran os contos que
máis vos gustaban cando erades pequenos, podedes facer unha sesión de
contacontos acompañada dunha rica merenda…
¡Esperamos que disfrutedes moito do voso momento de
ler e contar en familia!
No hay comentarios:
Publicar un comentario