domingo, 29 de marzo de 2020

" Enlace interesante "


https://www.salondolibro.gal/

deixámosvos este enlace onde si accededes  ao SALÓN VIRTUAL podedes disfrutar de sesións de contacontos, de actuacións musicais ou descubrir como crear os nosos propios monicreques entre outras interesantes propostas

sábado, 28 de marzo de 2020

" Retos de golfi "


-          QUERIDOS AMIGUIÑ@S:

Espero que estedes moi ben, estiven pensando que podedes facer, de xeito voluntario,  pequeñas actividades a modo de reto e cando volvamos ao cole podemos facer unha exposción coas cousiñas que vaiades facendo.




o   O pasado 21 de Marzo foi o Día Mundial da Poesía polo que o primeiro reto que vos propoño está relacionado con esta conmemoración. Propóñovos que escribades algunha poesía que vos guste, que vos inventedes…



o   Crear un marcapáxinas: podedes deixar voar a vosa imaxinación e crear orixinais marcapáxinas.



o   Recomenda libros: podedes escribir nunha folla o título dun libro que estedes a ler nestes días ou dun libro que vos gustase moito e que queirades recomendar aos demáis. Logo podedes facer un debuxo e explicar nunhas liñas porque vos gusta.



o   Xogando con contos: despois de facer lecturas de libros e/ou contos que teñades pola casa podedes facer diferentes xogos con eles como por exemplo:



§  Inventar unha historia alternativa (de xeito oral ou escrito) con novos personaxes e un novo título e podemos facer novas ilustracións. Podemos mestrurar historias e personaxes de diferentes contos…

§  Dramatizar o conto: podemos facer un teatro na casa, repartirnos os personaxes e escenificar a historia.

§  Podemos inventar unha canción ou unha música para a historia.

§  Expresión plástica: podemos modelar os personaxes e obxectos con plastilina e logo podemos escenificar a historia con eles. Podemos crear personaxes e/ou obxectos con material de refugallo.






Bótovos moito de menos!

Unha aperta do voso amigo.

Golfi


" Aquí vos deixamos este enlace interesante..."


-          http://www.kalandraka.tv/es/ dentro do apartado de Secciones- se pinchamos en “Cuentos contados” accededes a lecturas de algúns dos  contos que máis nos gustan como o de “O coelliño branco”.


" Conto didáctico do coronavirus "

Aquí vos deixamos este enlace que pode ser interesante para as familias.

https://www.copmadrid.org/web/publicaciones/rosa-contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-y-otros-posibles-virus

"LECTURAS DE MAIORES A PEQUENOS"

Dende o Equipo de Biblioteca realizamos unha formación de ususarios sobre como contar contos, demos diferentes estraxexias aos nenos e nenas para que poidesen preparar, de xeito voluntario, sesións de contacontos para os demais compañeiros e compañeiras do centro.
Algúns nenos e nenas xa comezaron a facer unhas fermosas lecturas e sesións contacontos aos pequenos do cole coas que disfrutaron moito.
Dende aquí queremos darlles as grazas e felicitalos por este gran traballo que fixeron.



"OBRADOIROS DE ANIMACIÓN Á LECTURA"


Neste obradoiro primeiro cada equipo escolleu os libros cos que quería traballar e logo prepararon actividades sobre eses libros e logo todos xogamos aos que se prepararon.
Foi un gran momento no que disfrutamos da lectura, rimos e aprendemos ... ¡xuntos!