-
QUERIDOS AMIGUIÑ@S:
Espero que estedes moi ben, estiven pensando que podedes facer, de xeito voluntario, pequeñas actividades a modo de reto e cando volvamos ao cole podemos facer unha exposción coas cousiñas que vaiades facendo.
o
O pasado 21 de Marzo foi o Día Mundial da Poesía
polo que o primeiro reto que vos propoño está relacionado con esta
conmemoración. Propóñovos que escribades algunha poesía que vos guste, que vos
inventedes…
o
Crear un marcapáxinas: podedes deixar voar a
vosa imaxinación e crear orixinais marcapáxinas.
o
Recomenda libros: podedes escribir nunha folla o
título dun libro que estedes a ler nestes días ou dun libro que vos gustase
moito e que queirades recomendar aos demáis. Logo podedes facer un debuxo e
explicar nunhas liñas porque vos gusta.
o
Xogando con contos: despois de facer lecturas de
libros e/ou contos que teñades pola casa podedes facer diferentes xogos con
eles como por exemplo:
§
Inventar unha historia alternativa (de xeito
oral ou escrito) con novos personaxes e un novo título e podemos facer novas
ilustracións. Podemos mestrurar historias e personaxes de diferentes contos…
§
Dramatizar o conto: podemos facer un teatro na
casa, repartirnos os personaxes e escenificar a historia.
§
Podemos inventar unha canción ou unha música
para a historia.
§
Expresión plástica: podemos modelar os
personaxes e obxectos con plastilina e logo podemos escenificar a historia con
eles. Podemos crear personaxes e/ou obxectos con material de refugallo.
Bótovos moito de menos!
Unha aperta do voso amigo.
Golfi
No hay comentarios:
Publicar un comentario