martes, 14 de julio de 2020

" RECOMENDACIÓNS LECTURAS PARA O VERÁN "



FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS:
Ola nenos, nenas e familias!
En primeiro lugar quero agradecervos a vosa participación nas actividades que se propuxeron dende o blog neste tempo, agardo que o pasarades ben compartindo os retos en familia!
Esta é a última entrada no blog por este curso e gustaríame dedicala a recomendar lecturas: 
-          Na Revista do CEIP A Guía que se creou no Obradoiro de Expresión Escrita, publicada no blog do centro o venres pasado, hai unha páxina con recomendacións literarias feitas algúns alumnos e alumnas do cole.

-          Aquí deixámosvos unha lista de libros interesantes que foron recomendados durante este curso por alumnado e profesorado.


-          Ademais engadimos unha Guía de Lectura da Editorial Consorcio Galego S. A. que tamén pode ser do voso interese.

Esperamos que vos gusten estas recomendacións.
Feliz verán e felices lecturas amiguiños e amiguiñas !!
Unha aperta
Golfi