Este ano continuamos co obradoiro de xadrez que tan boa acollida tivo entre o alumnado do CEIP A Guía. Coñecemos a historia do xadrez, o nome das pezas e a sua posición, os movementos que se poden facer con cada peza e realizamos partidas entre iguais. Neste mes de xuño terá lugar o II Torneo de Xadrez da Guía. Animádevos a participar!!!
biblioaguia
viernes, 5 de junio de 2026
domingo, 31 de mayo de 2026
" Retos de Golfi "
Este ano, dende a biblioteca incorporamos unha nova proposta que tivo moi boa acollida polo alumnado do centro. "Os retos da casa de Golfi". Con estes retos pretendiamos traballar a responsabilidade no alumnado, ao mesmo tempo que traballamos a lectura, a escritura, a atención e a lectura de imaxes.
jueves, 28 de mayo de 2026
" Día das letras galegas "
Este ano, para conmemorar o Día das Letras Galegas co que se homenaxeou a Begoña Caamaño, enchemos a entrada do centro con diferentes xogos e recursos distribuidos por recantos de robótica, quebracabezas, labirintos, pasapalabra, preguntas e respostas e creación de historias. Durante estas últimas semanas os nenos e nenas cos seus titores/as puideron disfrutar desta zona e aprender xogando sobre as Letras Galegas e Begoña Caamaño e así foron pasando en pequenos grupiños polos diferentes recantos ata chegar ao recanto final no que puideron recoller o seu agasallo … unha fermosa pegatina conmemorativa!
" Concurso de banda deseñada "
Este ano, para favorecer o desenvolvemento e a creatividade do noso alumnado, dende a biblioteca escolar decidimos crear o noso primero concurso de banda deseñada do CEIP A Guía. O alumnado tiña que cumplir unha serie de requisitos para confeccionar a sua historia pero a temática era completamente libre. Cada titoría recopilou os traballos da sua aula colocando un número para poder identificalo , asegurando o anonimato do mesmo, e o valorase o xurado. Este xurado estivo composto por 6 mestras do centro que tiveron unha tarefa moi complexa debido a alta participación e implicación do alumnado.




