jueves, 28 de mayo de 2026

" Día das letras galegas "

Este ano, para conmemorar o Día das Letras Galegas co que se homenaxeou a Begoña Caamaño, enchemos a entrada do centro con diferentes xogos e recursos distribuidos por recantos de robótica, quebracabezas, labirintos, pasapalabra, preguntas e respostas e creación de historias. Durante estas últimas semanas os nenos e nenas cos seus titores/as puideron disfrutar desta zona e aprender xogando sobre as Letras Galegas e Begoña Caamaño e así foron pasando en pequenos grupiños polos diferentes recantos ata chegar ao recanto final no que puideron recoller o seu agasallo … unha fermosa pegatina conmemorativa!

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario