lunes, 17 de febrero de 2025

" Contacontos en Inglés "

 O venres 14 de febreiro, día de San Valentín quixemos celebralo dende a materia de Inglés facendo un contacontos na biblioteca.

O alumnado de 5º de Primaria contoulle ao resto do alumnado do centro, o conto en inglés, “The colour Monster” de Anna Cheas. Un conto no que se traballan as emocións e por tanto, moi axeitado para celebrar o día do Amor e a Amizade. 
Ao finalizar, todos cantamos a canción en Inglés “Skidamarink”, onde se repite a frase “I love you”, que sen dúbida tanto representa unha celebración como esta.





jueves, 16 de enero de 2025

"Obradoiro biblioteca"

 O primerio día deste trimestre rematamos o Obradoiro de Biblioteca cun grupo de nenos e  nenas de quinto e sexto Educación Primaria.

Nestas sesións repasamos como facer empréstitos e devolucións de libros, empregamos novos xogos da biblioteca que non coñecíamos e preparamos diferentes xogos para ofertar aos compañeiros e compañeiras que aisiten nos recreos, nas horas de empréstito…

Os nenos e nenas que o desexen, xa teñen a súa disposición uns fermosos xogos que con moito coidado e atención preparou este super equipo de obradoiro. Deste xeito, poden atopar un Adiviña Patio, un xogo de debuxo no que ten un papel fundamental a comprensión lectora, un xogo de pasapalabra e un dominó especial con palabras agudas, graves e esdrúxulas.

 Moitas grazas equipo!!




miércoles, 18 de diciembre de 2024

" A figura do Apalpador "

 Onte, na hora de lectura visionamos a historia da figura do Apalpador. Este traballo foi feito dende o equipo de biblioteca ca colaboración do alumnado de quinto de educación primaria. Qué gran traballo! Parabéns!



" RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA O NADAL"


Estas son as recomendacións literarias dende o noso equipo de biblioteca para o Nadal.




 

martes, 3 de diciembre de 2024

" Golficiencia "

 Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos facendo experimentos no obradoiro dos mércores.



miércoles, 20 de noviembre de 2024

" Comezamos os obradoiros na biblioteca"

 No primeiro Obradoiro dos Mércores na Biblioteca un grupo de Educación Infantil descubriron o libro de “Tranquilos y atentos como una rana” de Eline Snel e a partir del fixeron diferentes dinámicas para practicar co músculo da atención, para relaxarse…

Xuntos e xuntas bailaron coa respiración, pintaron ao son dunha audición de música clásica, falaron dos sons que se escoitan no cole, xogaron a adiviñar o obxecto que faltaba e sobretodo disfrutaron do momento presente!

Aquí vos deixamos unhas imaxes que agardamos que vos gusten!