O primerio día deste trimestre rematamos o Obradoiro de Biblioteca cun grupo de nenos e nenas de quinto e sexto Educación Primaria.
Nestas sesións repasamos como facer empréstitos e
devolucións de libros, empregamos novos xogos da biblioteca que non coñecíamos
e preparamos diferentes xogos para ofertar aos compañeiros e compañeiras que
aisiten nos recreos, nas horas de empréstito…
Os nenos e nenas que o desexen, xa teñen a súa disposición
uns fermosos xogos que con moito coidado e atención preparou este super equipo
de obradoiro. Deste xeito, poden atopar un Adiviña Patio, un xogo de debuxo no
que ten un papel fundamental a comprensión lectora, un xogo de pasapalabra e un
dominó especial con palabras agudas, graves e esdrúxulas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario