miércoles, 23 de abril de 2025
" Día do libro "
" Equipo de expertos "
No obradoiro deste mes formamos equipos especializados nun dos xogos da biblioteca.
Primeiro
escollemos un xogo, lemos as instrucións, aprendemos as regras e por último, elaboramos uns carteis cos
nosos nomes e o xogo no que nos especializamos.
Deste xeito, os
nenos e nenas que visitan a biblioteca, poden solicitar a nosa axuda, se teñen
dúbidas sobre o funcionamento destes xogos.
" Fuera de aquí, horrible Monstruo verde "
Para a Semana do Día do Libro, os nenos e nenas da aula "Teatro de Animais", prepararon unha películo do libro "¡Fuera de aquí, horrible Mounstruo Verde!". Aquí vos deixamos un vídeo de como o fixeron e outro co resultado final. Agardamos que vos guste!!
miércoles, 2 de abril de 2025
" The very hungry caterpillar "
Na clase de Inglés celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co alumnado de Educación Infantil.
martes, 1 de abril de 2025
" Conto o polo Pepe "
Estes días no Obradoiro de Biblioteca participaron un grupo de nenos e nenas de Educación Infantil que decidiron crear a súa propia versión do conto de … O POLO PEPE!
Estes días sacaron fotos e puxeron as súas voces para crear
o conto e o seu resultado foi marabilloso!
Agardamos que vos guste!
lunes, 24 de marzo de 2025
jueves, 13 de marzo de 2025
lunes, 17 de febrero de 2025
" Contacontos en Inglés "
O venres 14 de febreiro, día de San Valentín quixemos celebralo dende a materia de Inglés facendo un contacontos na biblioteca.
jueves, 16 de enero de 2025
"Obradoiro biblioteca"
O primerio día deste trimestre rematamos o Obradoiro de Biblioteca cun grupo de nenos e nenas de quinto e sexto Educación Primaria.
Nestas sesións repasamos como facer empréstitos e
devolucións de libros, empregamos novos xogos da biblioteca que non coñecíamos
e preparamos diferentes xogos para ofertar aos compañeiros e compañeiras que
aisiten nos recreos, nas horas de empréstito…
Os nenos e nenas que o desexen, xa teñen a súa disposición
uns fermosos xogos que con moito coidado e atención preparou este super equipo
de obradoiro. Deste xeito, poden atopar un Adiviña Patio, un xogo de debuxo no
que ten un papel fundamental a comprensión lectora, un xogo de pasapalabra e un
dominó especial con palabras agudas, graves e esdrúxulas.