miércoles, 23 de abril de 2025

" Equipo de expertos "

 No obradoiro deste mes formamos equipos especializados nun dos xogos da biblioteca.

Primeiro escollemos un xogo, lemos as instrucións, aprendemos as regras  e por último, elaboramos uns carteis cos nosos nomes e o xogo no que nos especializamos.

Deste xeito, os nenos e nenas que visitan a biblioteca, poden solicitar a nosa axuda, se teñen dúbidas sobre o funcionamento destes xogos.



" Fuera de aquí, horrible Monstruo verde "

Para a Semana do Día do Libro, os nenos e  nenas da aula "Teatro de Animais", prepararon unha películo do libro "¡Fuera de aquí, horrible Mounstruo Verde!". Aquí vos deixamos un vídeo de como o fixeron e outro co resultado final. Agardamos que vos guste!!




miércoles, 2 de abril de 2025

" The very hungry caterpillar "

 Na clase de Inglés celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co alumnado de Educación Infantil.

Fixemos o contacontos de "The very hungry caterpillar" de Eric Carle, tamén vimos o vídeo en Inglés do conto e realizamos unha actividade.




martes, 1 de abril de 2025

" Conto o polo Pepe "

Estes días no Obradoiro de Biblioteca participaron un grupo de nenos  e nenas de Educación Infantil que decidiron crear a súa propia versión do conto de … O POLO PEPE!

Estes días sacaron fotos e puxeron as súas voces para crear o conto e o seu resultado foi marabilloso!

Agardamos que vos guste!



lunes, 17 de febrero de 2025

" Contacontos en Inglés "

 O venres 14 de febreiro, día de San Valentín quixemos celebralo dende a materia de Inglés facendo un contacontos na biblioteca.

O alumnado de 5º de Primaria contoulle ao resto do alumnado do centro, o conto en inglés, “The colour Monster” de Anna Cheas. Un conto no que se traballan as emocións e por tanto, moi axeitado para celebrar o día do Amor e a Amizade. 
Ao finalizar, todos cantamos a canción en Inglés “Skidamarink”, onde se repite a frase “I love you”, que sen dúbida tanto representa unha celebración como esta.