miércoles, 31 de enero de 2024

"Obradoiro de biblioteca"

 No mes de Decembro realizaron o Obradoiro da Biblioteca un grupo de nenos e nenas das aulas de 5º e 6º de Educación Primaria.

Neste grupo levaron a cabo aprendizaxes e tarefas moi importantes para o funcionamento da biblioteca do noso centro. Primeiro, por pequenos grupos descubrimos, ordeamos e explicamos aos demais  espazos nos que se atopan as obras literarias, no seguinte día comezamos a deseñar plantillas con debuxos para contar contos coa mesa de luz e na última sesión realizamos formación de ususarios/as para aprender a manexar o Programa Meiga e poder levar a cabo empréstitos e devolucións de materias e libros.

MOITAS GRAZAS POR ESTE GRAN TRABALLOS AMIGUIÑ@S!!




miércoles, 24 de enero de 2024

" Contacontos en familia "

 Onte visitounos a mamá de Xoel, Mayra. Veunos a contar un par de contos: Tumtum e Ñac-Ñac. Moitas grazas Mayra, pasámolo xenial. Animádevos a virnos contar contiños que  nos gusta moito 😍.



viernes, 15 de diciembre de 2023

"Recomendacións literarias "

Aquí vos deixamos un tríptico elaborado dende o equipo de dinamización da biblioteca con recomendacións literarias con temáticas do Samaín e Nadal.




 

martes, 5 de diciembre de 2023

" Jungle Speed "

 Neste obradoiro aprendemos a xogar ao Jungle Speed e para iso tivemos que investigar primeiro que era un Toten. Pasámolo moi ben.Encantounos!



miércoles, 8 de noviembre de 2023

" Obradoiro: biblioteca "

 Este ano no obradoiro da biblioteca imos preparar diferentes titoriais cas normas a seguir para xogar cos diferentes xogos educativos que temos nela e así aprender moitas cousas.



martes, 14 de julio de 2020

" RECOMENDACIÓNS LECTURAS PARA O VERÁN "



FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS:
Ola nenos, nenas e familias!
En primeiro lugar quero agradecervos a vosa participación nas actividades que se propuxeron dende o blog neste tempo, agardo que o pasarades ben compartindo os retos en familia!
Esta é a última entrada no blog por este curso e gustaríame dedicala a recomendar lecturas: 
-          Na Revista do CEIP A Guía que se creou no Obradoiro de Expresión Escrita, publicada no blog do centro o venres pasado, hai unha páxina con recomendacións literarias feitas algúns alumnos e alumnas do cole.

-          Aquí deixámosvos unha lista de libros interesantes que foron recomendados durante este curso por alumnado e profesorado.


-          Ademais engadimos unha Guía de Lectura da Editorial Consorcio Galego S. A. que tamén pode ser do voso interese.

Esperamos que vos gusten estas recomendacións.
Feliz verán e felices lecturas amiguiños e amiguiñas !!
Unha aperta
Golfi