sábado, 28 de marzo de 2020

" Conto didáctico do coronavirus "

Aquí vos deixamos este enlace que pode ser interesante para as familias.

https://www.copmadrid.org/web/publicaciones/rosa-contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-y-otros-posibles-virus

"LECTURAS DE MAIORES A PEQUENOS"

Dende o Equipo de Biblioteca realizamos unha formación de ususarios sobre como contar contos, demos diferentes estraxexias aos nenos e nenas para que poidesen preparar, de xeito voluntario, sesións de contacontos para os demais compañeiros e compañeiras do centro.
Algúns nenos e nenas xa comezaron a facer unhas fermosas lecturas e sesións contacontos aos pequenos do cole coas que disfrutaron moito.
Dende aquí queremos darlles as grazas e felicitalos por este gran traballo que fixeron.



"OBRADOIROS DE ANIMACIÓN Á LECTURA"


Neste obradoiro primeiro cada equipo escolleu os libros cos que quería traballar e logo prepararon actividades sobre eses libros e logo todos xogamos aos que se prepararon.
Foi un gran momento no que disfrutamos da lectura, rimos e aprendemos ... ¡xuntos!




viernes, 14 de febrero de 2020

" Rincón das familias "

Xa podedes atopar na entrada do cole, un espacio creado con moito agarimo para as familias. Alí poderedes atopar dende libros de consulta, contos con temáticas actuais e folletos sobre temas do voso interese coma: o paso a secundaria, pesadillas e terrores nocturnos, ¿ Cómo lle podo axudar nos estudos?, intelixencia emocional e variedade de temáticas. Ademáis teredes números das revistas       " Muy interesante" e " Ser padres ". Esperamos que vos guste!!!

jueves, 9 de enero de 2020

" Obradoiro de animación á lectura"

O alumnado do centro, está deseñando algunhas das páxinas que formarán parte da nosa axenda escolar do curso 2020-2021. Están super motivados con esta actividade.



 




" Obradoiro de animación á lectura"

Dentro dos nosos obradoiros dos mércores, o alumnado , coa axuda da nosa mesa de luz, está a crear contos a través de persoaxes e animais fantásticos.




U-la Lúa?

 Tivemos a sorte de poder disfrutar no cole de U-la Lúa? unha proposta escénica dirixida a un público familiar, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar. Moitasssssssssssss grazasssssssssssssssssssssssssssss!