Este ano comezamos a encher a nosa biblioteca de aula con moitos tipos de libros: banda deseñada, libros de ficción, literatura, poesía, investigación...
E comezamos a investigar as diferentes profesións que están agochadas tras os libros: tradutores, autores/as, ilustradores/as, editores/as, correctores/as...
Así que fixemos un pequeno obradoiro de animación á escrita para transformar a nosa aula nunha pequena editora e agora fabricamos os nosos propios libros!!!
Xa queda menos para poder lelos!!!