miércoles, 20 de noviembre de 2024

" Comezamos os obradoiros na biblioteca"

 No primeiro Obradoiro dos Mércores na Biblioteca un grupo de Educación Infantil descubriron o libro de “Tranquilos y atentos como una rana” de Eline Snel e a partir del fixeron diferentes dinámicas para practicar co músculo da atención, para relaxarse…

Xuntos e xuntas bailaron coa respiración, pintaron ao son dunha audición de música clásica, falaron dos sons que se escoitan no cole, xogaron a adiviñar o obxecto que faltaba e sobretodo disfrutaron do momento presente!

Aquí vos deixamos unhas imaxes que agardamos que vos gusten!