miércoles, 18 de diciembre de 2024

" A figura do Apalpador "

 Onte, na hora de lectura visionamos a historia da figura do Apalpador. Este traballo foi feito dende o equipo de biblioteca ca colaboración do alumnado de quinto de educación primaria. Qué gran traballo! Parabéns!



" RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA O NADAL"


Estas son as recomendacións literarias dende o noso equipo de biblioteca para o Nadal.




 

martes, 3 de diciembre de 2024

" Golficiencia "

 Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos facendo experimentos no obradoiro dos mércores.



miércoles, 20 de noviembre de 2024

" Comezamos os obradoiros na biblioteca"

 No primeiro Obradoiro dos Mércores na Biblioteca un grupo de Educación Infantil descubriron o libro de “Tranquilos y atentos como una rana” de Eline Snel e a partir del fixeron diferentes dinámicas para practicar co músculo da atención, para relaxarse…

Xuntos e xuntas bailaron coa respiración, pintaron ao son dunha audición de música clásica, falaron dos sons que se escoitan no cole, xogaron a adiviñar o obxecto que faltaba e sobretodo disfrutaron do momento presente!

Aquí vos deixamos unhas imaxes que agardamos que vos gusten!




lunes, 17 de junio de 2024

" Tomas falsas "

 Aquí vos deixamos as tomas falsas e o vídeo de como se fixo a película "Que llega el lobo". 



" Que llega el lobo "

 Estos días os Caracoliños decidiron facer unha película dun dos seus contos preferidos. Un conto cun final que vos sorprenderá! Agardamos que vos guste.





miércoles, 12 de junio de 2024

" O patio do cole da Guía "

Despois de estar traballando meses e meses o coidado do medio ambiente, o alumnado de primeiro de educación primaria decidiu representar esta obra de teatro de sombras, onde tratan de concienciar ao resto do alumnado do centro da importancia de manter en bo estado o patio do seu colexio.

Un aplauso para todos e todas polo ben que o fixeron 😍.



lunes, 10 de junio de 2024

"OBADOIRO MAIO-XUÑO "

 

Aquí vos deixamos o vídeo do último Obradoiro de Biblioteca deste curso.

Agardamos que vos guste!!



martes, 21 de mayo de 2024

" Aprendendo a xogar "

 No mes de Abril comezaron o Obradoiro de Bbilioteca un grupo de nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria. Xuntos/as decidiron a que xogos querían xogar para logo facer un video explicativo, formaron pequenos grupos, prepararon os guións e crearon uns fermosos videos. E ademais axudaron nas tarefas de biblioaxudantes clasificando os libros segundo o ciclo ao que pertencen e o pictograma que lles corresponde según a temática.

Moitas grazas equipo!!



lunes, 6 de mayo de 2024

" INVENTANDO HISTORIAS "

Nos obradoiros de Abril os menos e nenas de infantil xogaron a inventar historias con materiais da biblioteca. Aquí vos deixamos o vídeo no que nos explican como empregar este recurso.

Agardamos que vos guste!!





jueves, 21 de marzo de 2024

" CREANDO "

O Alumnado de educación infantil estivemos experimentando con novas ferramentas TICs. Fixemos maxia coas nosas propias ilustracións dos contos "O Monstruo Rosa" e "Na casa dos tres porquiños cheira mal".

Esperemos que vos guste tanto coma a nós.




sábado, 2 de marzo de 2024

" Xogamosssssssss..."

 Aquí deixámosvos tres videotitoriais de xogos que temos na biblioteca. Os seus protagonistan son o alumnado de primeiro e segundo de primaria. Animádevos a xogar...!

miércoles, 31 de enero de 2024

" Obradoiro de biblioteca"

 Neste mes un grupo formado por nenos e nenas de Educación Infantil descubriron diferentes xogos que poden atopar na biblioteca e que están adaptados as súas idades. Finalmente decidiron facer un vídeo explicativo dun dos xogos que máis lles gustou “¡WAUU! de Hervé Tullet.

GRAZAS POR PRESENTARNOS ESTE FERMOSO XOGO CARACOLIÑ@S, OSIÑ@S E ELEFANTIÑ@S!!



"Obradoiro de biblioteca"

 No mes de Decembro realizaron o Obradoiro da Biblioteca un grupo de nenos e nenas das aulas de 5º e 6º de Educación Primaria.

Neste grupo levaron a cabo aprendizaxes e tarefas moi importantes para o funcionamento da biblioteca do noso centro. Primeiro, por pequenos grupos descubrimos, ordeamos e explicamos aos demais  espazos nos que se atopan as obras literarias, no seguinte día comezamos a deseñar plantillas con debuxos para contar contos coa mesa de luz e na última sesión realizamos formación de ususarios/as para aprender a manexar o Programa Meiga e poder levar a cabo empréstitos e devolucións de materias e libros.

MOITAS GRAZAS POR ESTE GRAN TRABALLOS AMIGUIÑ@S!!




miércoles, 24 de enero de 2024

" Contacontos en familia "

 Onte visitounos a mamá de Xoel, Mayra. Veunos a contar un par de contos: Tumtum e Ñac-Ñac. Moitas grazas Mayra, pasámolo xenial. Animádevos a virnos contar contiños que  nos gusta moito 😍.