Hoxe é o Día Europeo da Rede Natura 2000. Con esta conmemoración preténdese dar a coñecer o valor desta gran rede de espazos protexidos presente en todos os países da Unión Europea. Este ano baixo o lema:
«O simple aleteo dunha bolboreta
pode cambiar o mundo».
Na actualidade a Rede Natura 2000 está formada por máis de 27.000 espazos de
alto valor ecolóxico en toda Europa, constituíndo a máis ampla rede de Espazos
Naturais Protexidos do mundo
En Galicia esta rede de espazos naturais protexidos representa máis do 12% da súa superficie total. E aquí vos deixamos un enlace moi interesante no que podedes coñecer algúns destes lugares
https://www.turismo.gal/que-visitar/espazos-naturais/zonas-de-proteccion-e-lugares-de-interese?langId=es_ES
Ademais dende a Biblioteca do cole queremos deixarvos un fermoso conto de
Olga de Dios que é unha autora e ilustradora da que temos algúns libros na nosa
biblioteca. Neste caso, deixamos un conto que cedeu Olga e que trata da
importancia da colaboración de todos para manter a nosa natureza.
https://olgadedios.es/wp-content/uploads/2018/01/Rana-de-Tres-Ojos_OLGA-de-DIOS_cc.pdf